martes, 8 de mayo de 2012

DE PASEO ARQUEOLÓXICO POR PONTEVEDRA

O pasado martes 24 de abril o noso mestre Xosé Constenla organizou unha ruta polo casco antigo da nosa querida Pontevedra.
Para enriquecer máis a historia da vila, contamos coa presenza dun arqueólogo, compañeiro do noso mestre, o cal nos relatou acontecementos propios desta cidade.



A nosa andanza comezou na Ponte do Burgo (punto importante para arRIAndo, xa que atravesa augas galegas ,ó igual que facemos nós no noso barquiño de vela)



Esta ponte é moi importante para esta cidade, xa que forma parte do Camiño de Santiago, e as súas pedras foron e son pisadas por miles e miles de peregrinos.


Se vos fixades ao longo de toda a ponte hai unha serie de cunchas , "as cunchas da peregrinaxe"





Temos que destacar que hai anos esta ponte sufriu cambios para a sua mellora, polo que se tivo que contruir unha pasarela colindante de uso peatonal.




Tralo estupendo traballo arqueolóxico que se fixo hai pouco na zona desta ponte, atopáronse restos dunha antiga muraia que rodea a parte antiga de Pontevedra.




De feito se vamos camiñando pola zona vella da cidade e nos fixamos nas baldosas da zona peatonal, poderemos ver por onde iría toda esa muraia que rodea á cidade.



Despois de percorrer a Ponte do Burgo, a nosa andanza seguiu pola zona vella de Pontevedra, onde puidemos visitar os seguintes lugares:

- Mercado Municipal


- As prazas de Mugartegui, da Leña, do Teucro, da Ferrería, de España






- As ruinas de Santo Domingo
- Igrexa da Peregrina 





Como dato curioso desta igrexa, decir que é a única que non ten forma de cruz (vista aérea), senón que ten forma de concha de vieria


                                                            

                                                                                                             


                                                                                                                       
















Esta é unha das fontes nas que paraban a beber os peregriños durante a súa longa andanza.


































A visita rematou no Campillo, zona antiga desta cidade na que tamén se atoparon restos arqueolóxicos da muraia pontevedresa.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario