domingo, 15 de abril de 2012

TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE!

….TEMOS UNHA CHEA DE PREGUNTAS PARA TI!
En  Arriando temos plans e queremos compartilos con todas e todo vos ….
Profesamos  amor pola terra galega e mais pola que baña  á Ría de Arousa e Pontevedra, ao igual que moitas de vos.
Pois non somos as únicas xa que ao noso estimado profesor Xosé Constenla tamén lle sucede o mesmo.
Por isto lle preguntamos  un día se aceptaría contestar e unas preguntas, é dicir, unha pequena entrevista, e, como non, aceptou!

Interesanos sobre todo a parte máis galega do noso mestre, os seus gustos, que opinión garda da sociedade actual, cales son as súas inquedanzas sociais... e moito mais!
Pero non adiantemos acontecementos que logo el vai predisposto e non é bo saber todo!  Non credes??Jajajaja!

esta poderia ser unha opción, a que si?
A data aínda non esta concretada e aí é onde entrades vos, nosas queridas compañeiras de andanzas “bloggeiras” … 
Pensamos que igual tendes algunha proposta  ou idea de pregunta que realizarlle.
Aceptamos axuda, dende logo.
Polo que agardamos as vosas ideas e prometemos que llas plantexaremos na entrevista, e logo poderedes velas respostas aquí!
Que opinades?

 XOSÉ CONSTENLA VAITE PREPARANDO!!
 Esta é unha proposta de traballo grupal, que os nosos bloggs se conecten e haxa un resultado interesante, como pouco.
Podedes deixalas vosas cuestións en comentarios ou poñervos en contacto con nos en persoa, como queirades!
Moitas grazas! Apertas!

1 comentario:

  1. Moi boa proposta! Iremos dándolle aos miolos entón e xa vos diremos! jeje

    ResponderEliminar