Todos sabemos que os furanchos ou loureiros son casas ou pequenas bodegas particulares que se convirten en establecementos públicos coa finalidade de vender viño durante un máximo de tres meses ó ano.
Algo característico destes lugares é a rama de loureiro colocada no exterior do furancho.
Oficialmente, estaba permitido que aqueles que elaborasen viño ou licores, vendera os excedentes na súa casa.
Oficialmente, estaba permitido que aqueles que elaborasen viño ou licores, vendera os excedentes na súa casa.
Estas persoas non precisaban licencia nin pagaban impostos, polo que ademais dos excedentes de viño caseiro, tamén tiñan excedentes de queixo, chourizo, xamón, pulpo...
QUE BEBER SEN
COMER,
MALA COUSA É!
Estamos seguras de que todo o que foi de furanchada saiu ben cheo e contento...verdade que si??
Este video,que topamos en youtube, é un reportaxe que fixo a sexta sobre os furanchos en Pontevedra...está moi ben! védeo que vale a pena!
Pero o tema que máis nos preocupa dos loureiros das nosas rías, é que están pechando polas continuas denuncias dos bares cercanos que se sinten afectados pola perdida da clientela.
Por que...
Onde está a diferenza cun bar normal? En que os bares normais pagan impostos?
Xústamente por este motivo os donos destes locais estaban cabreados cós donos dos furanchos. Ainda que finalmente parece que gañaron a batalla coa nova normativa da Xunta.
Como mostra disto, deixámosvos aquí o enlace dunha noticia que conta como se sinten os "furancheiros/as" do concello de Pontevedra, ao ser discriminados con respecto ás persoas que exercen esta misma actividade noutros municipios galegos.
O decreto que está preparando a Xunta de Galicia para regular os furanchos NON INCLÚE ao municipio de Pontevedra entre as localidades con posibilidades para desenvolver esta actividade legalmente, de forma que non poden solicitar permisos de apertura e comezan a ser sancionados.
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/22/galicia/1332449298.htmlO decreto que está preparando a Xunta de Galicia para regular os furanchos NON INCLÚE ao municipio de Pontevedra entre as localidades con posibilidades para desenvolver esta actividade legalmente, de forma que non poden solicitar permisos de apertura e comezan a ser sancionados.
Moi boa entrada compañeiras!! Dende abreosollos! consideramos que os furanchos débense manter e non deberían desaparecer porque son parte da nosa cultura, algo tradicional. Non obstante, cremos que deberían ser fieis as súas orixes e non aproveitarse tanto da situación xa que hai moitos bares e restaurantes que teñen que pagar impostos ofrecendo os mesmos servizos que os furanchos. Ademais, é un pouco inxusto porque desta forma os bares nunca van poder competir cos prezos que poden poñer estes.
ResponderEliminar