SE NON O SABEDES ESTAMOS NA CUARESMA, POLO QUE NADA DE CARNE (xa sabedes...abstinencia rapazoul@s!!)
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA BOA ALTERNATIVA PARA ESTES DÍAS…
EMPANADA DE POLBO GALEGO
*O polbo debe estar conxelado previamente ou mazado (no caso de estar vivo), para poder cocelo.
Poñemos a ferver auga e metemos dentro da pota: unha cebola enteira, 2 ramas de laurel e un corcho de botella. Collemos o polbo, dámoslle 3 chupos no auga fervendo e deixamos cocer durante ½ hora ou ¾ hora (dependendo do seu tamaño).
A “moada” (o recheo) faise nunha sartén:
Picamos 3 cebolas, 1 pemento vermello e 1 verde. Cubrimos todo con aceite e botamos dous sobres de azafrán e un pouco de sal. Temos que remexer todo ben e deixámolo a lume lento ata que poche.
Por outro lado cortamos en toradas o polbo cocido para engadirllo á moada.
Agora co recheo feito só quedaría facer a masa de empanada, meter dentro dela a moada e deixar a empanada no forno con lume alto ata que a masa dore.
¡¡BO PROVEITO!!
Por petición popular dunha compañeira de clase (e leva razón, pois os galegos somos de bo comer e beber) recomendarvos o viño da terra nai :
VIÑO ALBARIÑO
E para @s que non teñades boa man para a cociña, recomendarvos que na zona das rías hai varios sitios onde gozar deste manxar:
- Os bocadillos de polbo na illa de Arousa
- A especialidade de polbo con queixo (tetilla) granitado en San Vicente do mar (No restaurante “A de Roque” no Grove)
Gustaríanos que deixásedes comentarios sobre onde comedes vós unha tapiña destas, ou se tendes outras receitas tamén.
¡¡¡GRAZAS!!!
Aquí temos ao “lobo de mar” da ría de Pontevedra
despois dun día de faena... O AVÓ DE JOY (cun polbo de 12
kg)