martes, 28 de febrero de 2012

Longa cuaresma

SE NON O SABEDES ESTAMOS NA CUARESMA, POLO QUE NADA DE CARNE  (xa sabedes...abstinencia rapazoul@s!!)

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA BOA ALTERNATIVA PARA ESTES DÍAS…

EMPANADA DE POLBO GALEGO
*O polbo debe estar conxelado previamente ou mazado (no caso de estar vivo), para poder cocelo.
Poñemos a ferver auga e metemos dentro da pota: unha cebola enteira, 2 ramas de laurel e un corcho de botella. Collemos o polbo, dámoslle 3 chupos no auga fervendo e deixamos  cocer  durante ½ hora ou ¾ hora (dependendo do seu tamaño).

A “moada” (o recheo) faise nunha sartén:
Picamos 3 cebolas, 1 pemento vermello e 1 verde. Cubrimos todo con aceite e botamos dous sobres de azafrán e un pouco de sal. Temos que remexer todo ben  e deixámolo a lume lento ata que poche.
Por outro lado cortamos en toradas o polbo cocido para engadirllo á moada.


Agora co recheo feito só quedaría facer a masa de empanada, meter dentro dela a moada e deixar  a empanada no forno con lume alto ata que a masa dore.






¡¡BO PROVEITO!!


Por petición popular dunha compañeira de clase (e leva razón, pois os galegos somos de bo comer e beber) recomendarvos o viño da terra nai :
VIÑO ALBARIÑO
 



E para @s que non teñades boa man para a cociña, recomendarvos que na zona das rías hai varios sitios onde gozar deste manxar:
-       Os bocadillos de polbo na illa de Arousa


-       A especialidade de polbo con queixo (tetilla) granitado en San Vicente do mar (No restaurante “A de Roque”  no Grove)



Gustaríanos que deixásedes comentarios sobre onde comedes vós unha tapiña destas, ou se tendes outras receitas tamén.
¡¡¡GRAZAS!!!




Aquí temos ao “lobo de mar” da ría de Pontevedra despois dun día de faena...                               O AVÓ DE JOY (cun polbo de 12 kg)


3 comentarios:

  1. Todo esto está muy bien.. pero aquí necesitamos pruebas!

    ResponderEliminar
  2. Eu direivos que no lugar de Beluso, pertiño de Bueu, cómese unha caldeirada de polbo riquísima na Centoleira!!!

    Cando teñades algo que celebrar, lembrádevos de pegarme un toque, ou polo menos, comparto co comentario anterior o tema da proba!!!

    ResponderEliminar
  3. ben! entón está claro que a todas e todos nos encanta o polbo en tódalas suas "categorías culinarias"!
    Pois en ARríaNDO estamos pensando que para celebrar as notazas que vamos acadar en Aprendizaxe das Ciencias Sociais podemos ir comer unhas tapiñas, non? e mollalo cun bo viño da terra, como diria a nosa ben querida estreliña do mar!!!!!! apertas!!!!

    ResponderEliminar