lunes, 13 de febrero de 2012

En arRíAndo falamos de...

Alzar as velas para percorrer primeiramente a Ría de Arousa.


Partimos esta aventura  enrrolados no noso barquiño de vela (estade atentos as próximas entradas para coñecer a nosa xoia do mar) na illa de Sálvora que actúa de gardiá ante os temporais na bocana da ría.

Desde Sálvora xa avistamos Aguiño que pertence a nosa querida Ribeira, o primero concello da illa de  Arousa polo norte.
O vento lévamos de seguido á Pobra do Caramiñal, mais adentro atopamos Boiro co seu porto pesqueiro en Cabo da Cruz.
O último concello desta marxe é Rianxo, cuna de ilustres escritores (Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste).
Ata aquí son os concellos que pertencen á provincia de A Coruña.

Na terra dos vikingos cruzamos a provincia de Pontevedra, ó mesmo tempo que atopamos Catoira.
Navegando polos lomos do río Ulla chegamos a Vilagarcia, pasando antes polo terra das ameixas (Carril), sen deixar de mirar para a fermosa illa de Cortegada.






De novo unha illa pero esta vez habitada, disfrutamos cunha ollada á Illa de Arousa e na outra marxe enfrontada Vilanova de Arousa.


Na terra do deus Baco "Cambados" faremos outro día unha paradiña para que coñezades un pouco máis afondo unha terra que tamén pisou Ramón Cabanillas.


Na península Meca "O Grove" chega ó seu fin esta andaina mariñeira pola Arousa. E da mesma forma que comezamos rematamos con outra illa, a da Toxa. Que ademáis das aguas da ría tamén a bañan as súas famosas augas termais.


Deixámosvos dúas cancións mariñeiras para que bailedes e cantedes ó son da ría:





6 comentarios:

  1. DESEXARVOS UN BO ENTROIDO!!!! haberá moita festa en Galica, pero ningunha tan pícara coma estas eh! apertas mil! viaxes pola ledicia!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. aínda que sexa pequeno teremos un post desta temática?? si! :)

      Eliminar
  2. Ola rapazas…!!! Encántame o voso blog! Vivo no Val do Salnés, son cambadesa de pura cepa, polo que viaxar convosco pola miña terra e os seus arredores vai ser un pracer. Ver de novo todo este entorno dende a vosa orixinalidade e descubrir seguramente cousas novas é algo que me apetece moito.
    Ánimo! Bicos!!!

    ResponderEliminar