Embarcamos de
novo no noso barquiño de vela para
coñecer a Ría de Pontevedra.
Entramos de seguido no concello de Poio, no que vamos a
destacar o Porto de Raxó e Combarro (ós que visitaremos para coñecelos máis a
fondo) e o mosteiro de Poio.
De seguido paramos co noso barquiño na cidade de Pontevedra para visitar a fermosa igrexa da Peregrina ou a de Santa María entre outras.
Deixamos a cidade para seguir cos pobos e vilas, esquivando
a cheirenta que mancha a nosa preciosa paisaxe.
Bufffff....!!!!!
Collemos aire de novo para chegar a Marín, onde a pesca é a
súa actividade principal.
Antigamente esta vila chamábase San Xiao de Ancorados polos
barcos que fondeaban nas súas cercanías.
Tamén temos que destacar a importancia da súa Escola Naval e do seu porto.
A corrente lévanos ata Bueu, que nos ofrece o aroma do seu
mar, as historias dos seus monumentos, as belezas dos seus bosques e as súas
fermosas praias.
Pasando esta entrañable vila mariñeira, paramos en Cangas a
última vila desta ría onde temos que destacar a posta de sol de Cabo Home.
Por último non nos podemos olvidar da perla desta ría, a
Illa de Tambo e a nosa raíña a Illa de Ons. (Non deixar de visitar o blog das
nosas compañeiras que se menten de cheo na vida deste recanto).
moi boa esta entrada bolboreta!!!
ResponderEliminareres unha artista!
TODAS CREEMOS Q ENTRE AS RIAS DE AROUSA E PONTEVEDRA VIVESE MOI BEN.....
ahora só queda ir preparando a cesta do picnic para ir visitar todos eses recantos maravillosos!!!
A seguinte entrada será algo culinario¿?