martes, 28 de febrero de 2012

EnTrOiDo NaS RíAs BaiXaS!!

Moi boas!!!Que tal o entroido??


Dende Arriando queremos recomendarvos a seguinte páxina web para que vexades como se viviu este ano o entroido nas nosas espectaculares rías!!!




Nos diferentes concellos ademais dos maravillosos desfiles de comparsas, concurso de disfraces, murgas, parodias ou obradoiros para os máis pequenos,  tamén tiveron lugar enterros como o do loro  Ravachol na cidade de Pontevedra, o do Momo en Vilagarcía, o  da Sardiña en Marín e o da Sardiña doña resalada no Grove, entre outros.
Tamén temos que mencionar que nas ruas de Cangas é aclamado por todos e todas un borracho, e dende Arriando pedímoslle ó noso compañeiro Quico que nos conte aquí toda a historia!!








































6 comentarios:

  1. Pois tódolos anos en Cangas celébrase o enterro do Momo o mércores de cinza, presidindo a carroza o borracho da vila, alternando cada ano segundo a elección da comparsa. A carroza do Momo é a última en saír no desfile do entroido cangués e a máis aclamada sobre todo pola xuventude. Durante o desfile, o Momo vai cunha botella de viño, whisky, ron ou Ginebra (non sei o que, pero algún tipo de bebida alcohólica). Houbo anos nos que colleu tal borracheira que caíu da carroza e houbo que ir rescatalo... Segundo me contaron, este ano rematou a súa función dedicándolle un "calvo" aos alí presentes.
    Tamén dicirvos que a orixe deste ritual descoñézoa e o sentido tamén, jejej.

    ResponderEliminar
  2. gracias pola tua información kikolas!!!
    es unha boa fichaxe informativa XD
    pero en clase tesnos que representar a ese borrachiño, que non nos quedou moi claro como facía jejjejje

    ResponderEliminar
  3. A verdade, son unhas imaxes bonitas e parece que moi mal non o debestes pasar! Gustaríanos que nos aportarades algo de información sobre a parte máis tradicional do entroido nas vosas rías. Se hai algunha máscara típica (como por exemplo cigarróns, peliqueiros ou pantallas na provincia de Ourense)ou algún tipo de acto que se veña realizando dende moitos anos atrás. Moitas grazas e a seguir arriando!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ola!
      moitas grazas polos comentarios!
      pois aínda estamos acadando información sobre a vosa pregunta, de momento sabemos o mesmo ca vos, que as pantallas e máscaras mais populares galegas son as de Ourense.... falando sobre isto o grupo decatouse de algo que vos queremos contar como anécdota.
      unha das integrantes, da ría de Arousa, falou dos "CHOQUEIROS" como o mais típico desa zona, pois cando non había tantos disfrazes "dos comprados", a xente poñíase todo aquilo que lle parecía e ía de iso, de choqueiriños!!!!
      entón o curioso foi que as demais integrantes nunca oiron falar diso... e casualmente son da outra Ría, de Pontevedra!
      entón, agora tócavos a vos, coñecedes os choqueiros, nunca fostedes diso????
      comparide con nos! grazas!!!!!!!!apertas

      Eliminar
  4. Encántanos este blog que arrecende a mar...!!! E o entroido..., imaxinade! Onde haxa festa!!! Pero imos ó miolo da cuestión, vedes algunha finalidade de crítica social neste festexo? Se a resposta é afirmativa, como se realiza?, de que se serven? Poñédenos algún exemplo. Grazas!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas polo comentario!
      Pois o entroido dende sempre se relaciona coa sátira social, pois xa en tempos ancestros a xente aproveitaban estes días de festa para sair a rúa e deixarse levar. O entroido representa dende o punto de vista pagana un momento no que se permite facer aquilo que está prohibido o resto do ano. Ademais no cristianismo aproveitaban esta época para despedirse do inverno e prepararse para a Cuaresma, que tanto duraba (xa sabedes... nada de carne!)! pensades que os Galegos ían deixar pasar esta oportunidade para liberarse??! boas festas as galegas eh!
      pois ben, ata o día de hoxe non deixamos de festexar e todos saimos a ser quen queremos ser, e dicir o que cremos!
      como exemplo contarvos que se rumorea que aos políticos so lles gusta o enterro da sardiña!
      No Grove, as comparsas cantan con sorna letras como as seguintes: NESTE Caso "Os Garoulos"
      titulan a canción: "cheiranos a can":
      "ahora...abre a carteira, non as cuentas, nin pa medio mes, sube o pan, butano e aseite, e solo suben os sueldos pos de sempre. Estes políticos son todos una trampóns, por favor, non subir os condóns!!!!!
      outras; "" jallejas!:
      "xa chejou o carnaval, é tempo de criticar, que pasa no pobo meco, que temos do que falar... criticar criticarei... o domingo vas de viños pola calle peatonal e a sena do teu fillo tela tirada no chan!"
      e asi moitas máis!!!
      como as gastan na Península Meca eh!!!
      moitas grazas, non deixar de comentarnos
      apertas

      Eliminar