martes, 27 de marzo de 2012

ÍMOS DE FURANCHO??

Todo galego/a, algunha vez na vida, foi de furanchos ou loureiros!  OU NON??


Todos sabemos que os furanchos ou loureiros son casas ou pequenas bodegas particulares que se convirten en establecementos públicos coa finalidade de vender viño durante un máximo de tres meses ó ano.

Algo característico destes lugares é a rama de loureiro colocada no exterior do furancho.



Oficialmente, estaba permitido que aqueles que elaborasen viño ou licores, vendera os excedentes na súa casa.
Estas persoas non precisaban licencia nin pagaban impostos, polo que ademais dos excedentes de viño caseiro, tamén tiñan excedentes de queixo, chourizo, xamón, pulpo... 




QUE BEBER SEN
COMER, 

MALA COUSA É!
    














Estamos seguras de que todo o que foi de furanchada saiu ben cheo e contento...verdade que si??


Este video,que topamos en youtube, é un reportaxe que fixo a sexta sobre os furanchos en Pontevedra...está moi ben! védeo que vale a pena!





 
Pero o tema que máis nos preocupa dos loureiros das nosas rías, é que están pechando polas continuas denuncias dos bares cercanos que se sinten afectados pola perdida da clientela.

Por que...
Onde está a diferenza cun bar normal? En que os bares normais pagan impostos?





Xústamente por este motivo os donos destes locais estaban cabreados cós donos dos furanchos. Ainda que finalmente parece que gañaron a batalla coa nova normativa da Xunta. 


Como mostra disto, deixámosvos aquí o enlace dunha noticia que conta como se sinten os "furancheiros/as" do concello de Pontevedra, ao ser discriminados con respecto ás persoas que exercen esta misma actividade noutros municipios galegos.
O decreto que está preparando a Xunta de Galicia para regular os furanchos NON INCLÚE ao municipio de Pontevedra entre as localidades con posibilidades para desenvolver esta actividade legalmente, de forma que non poden solicitar permisos de apertura e comezan a ser sancionados.
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/22/galicia/1332449298.html




martes, 13 de marzo de 2012

AO SON DA MÚSICA GALEGA!

Moi boas compañeir@s!

atopamos esta fermosa canción da terra nosa e non quixemos deixar pasar a ocasión ser compartila con vos.
Escoitadea!
 Ten certo cheiro a mar, certa morriña amorosa...
Cada un e unha que a faga sua... ou non?

Teu nome por mar e terra




Música: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero.
Letra: Carlos Rivero Troncoso.

Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón
pon o teu nome e no mar
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area
có tinteiro de alborada
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase
ían saber a vainilla
as augas dos sete mares
.

Con branco fío de seda
vouno bordar na bandeira
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor
quero que vaia o meu nome
prá illa de Curaçao.

(A estrofa que destacamos é porque nos parece taaaaaaaaaaan Romántica e bonita de oir que lla dedicamos a todas aquelas persoas que "arrecenden" a vainilla!!!!! e fan naufragar a moitos corazóns!
jijijiji!!!!! )

 POIS ATA OUTRA! APERTAS!!!!!!!

UN PARAÍSO NATURAL

Boas tardes compañeiros/as.
Como galegos que somos gústanos disfrutar de boas paisaxes, e se pode ser acompañadas dunha boa comida, verdade que si¿?
Pois desde arRíando querémosvos descubrir un paraiso natural que ao mellor non coñecedes, O LAGO DE CASTIÑEIRAS






(Dúas de nós temos este fermoso lugar moi pretiño da casa e o mais seguro é que nuns días poñamos fotos nosas pasando unha boa tarde alí....para completar máis esta entrada)




   



Para os que estedes interesados/as en ir, dado que tamén é un sitio estupendo para relaxarse, deixámosvos aqui algo de información que vos pode interesar:

O lago de castiñeiras está situado a escasos kilómetros de Marín e moi preto de Vilaboa.

Nel pódese disfrutar de todo un día no campo, e ademáis dispoñen de infinidade de mesas de pedra e churrasqueiras, polo que no fai falta que levedes nada máis que a comida da casa.

 Ademais se vos apetece tomar algo, o lago tamén dispón de tres cafeterías ó largo do camiño, nas que descansar dos nosos paseos.



Este paraíso natural ten unha zona de gran interese para os máis pequenos, cun cercado no que poden ver cervos, gamos, corzos e patos.





                          








*Unha curiosidade é que de vez en cando é moi común atoparse con cabalos salvaxes pastando polos seus verdes campos.






¡¡A verdade é que alí hai natureza para dar e tomar!!








Se levades nenos/as con vós, tamén tendes un amplo parque infantil con columpios, cordas para escalar, tobogáns, etc… no que podedes xogar e disfrutar dunha boa merenda.






                 


                   





Se ascendedes un pouco a montaña poderedes chegar ao mirador de Cotorredondo, que ao mesmo tempo é o posto de vixilancia das patrullas contra-incendios.



Desde o alto pódese ver practicamente toda a ría de Vigo, de principio a fin. Cara o outro lado a vista tamén é moi impresionante, xa que podemos ver as nosas fermosas rías de Pontevedra e Arousa, as illas de Ons e Sálvora e cidades como Marín, Combarro, Sanxenxo ou Portonovo.



Podémosvos asegurar que as vistas son moi boas


Nestes días debemos aproveitar os agradables raios de sol, visitar sitos fermosos da nosa Galicia, que valen moito a pena, e gozar dunha boa compañía e dunha boa comida....

¡ANIMÁDEVOS




lunes, 5 de marzo de 2012

Naufraxios e Camoucos!

ESTREITOS, CAMOUCOS E OUTROS NAUFRAXIOS

Sabedes que os nosos amores son as rías de Arousa e Pontevedra! Velaquí unha imaxe que se pode considerar a “boca” da ría de Arousa, coa referencia da xoia, Ons.

 E nesta outra a entrada do mar na ría de Pontevedra, de novo coas illas ao fondo.




Moitas son as historias que agocha o mar.
Algunhas fermosas e outras máis tristes. Esta entrada evócanos un pouco a falar desta parte temida que leva tantas vidas e penas.
Coa compaña da música.....
Temos aínda na cabeza o despropósito do  “Costa Concordia”

Pero as que queremos contarvos son as de preto de nós, de aquí, das Rías.

Non podemos esquecer o desastre provocado aquel 13 de novembro de 2002, polo buque tanque “Prestige”



Moitos foron os casos de naufraxios de diversas embarcacións na costa galega, nesta parte noroeste.
Queremos contarvos algún:
“AVE DE MAR
Data: 10 de novembro de 1956
Lugar: Illas Cíes
Este pesqueiro español cunha tripulación de 26 persoas fundiuse cando volvían a porto despois das faenas, ó achegarse ás Illas Cíes co forte mar, dou cos arrecifes da Illa de San Martiño e un golpe de mar desfixo o barco. A tripulación non tivo tivo tempo a pedir socorro. Case a totalidade das vítimas eran naturais de Moaña, algúns pai e fillo.
“MARÍA DEL PILAR”
Data: 6 de abril de 1971
Lugar: Punta Udra
Deste pesqueiro so se salvou unha persoa: Manuel Alvariñas, de Cee.
A causa foi unha abordaxe, o causante foi o pesqueiro de altura Mani-Lisa de Ribeira (A Coruña).
Este pesqueiro tiña a base no porto de Combarro,  ían nel o seu patrón e o mariñeiro, e tamén de casualidade nese momento, o fillo do patrón, Manuel.
Daquela era un neno que por sorte sobreviviu, e quixo estudar Náutica na Coruña, aínda que hoxe rexenta unha librería coa Ría de Corcubión á vista.
Toda a información esta escollida do libro: “NAUFRAXIOS. COSTA NW (1900/2002)”, de Lino J.Pazos.
Lino Pazos é un pontevedrés moi involucrado na conservación do noso patrimonio, e amante deste tema. Ten unha ampla colección publicada coa temática.
 Dende Arríando recomendamos estas obras pois resultan moi entretidas e curiosas. Un agasallo ideal para aquelas persoas amantes da terra e do noso mar!
E para rematar, facer unha referencia á palabra que está no título: CAMOUCOS. Despois dunha procura demos co que cremos que é a solución!
Os Camoucos son como rochas que están no medio do mar e teñen unha altura considerable, pero non son visibles, polo que representan un perigo para os barcos, pois poden dar contra el, e xa provocaron algún “accidente”.
Para evitar isto adoitase poñer unha sinal de aviso, en algúns casos, pequenos faros.
Pois como non, aquí temos de todo! e podédelo comprobar nestas imaxes tomadas dende Sanxenxo que amosan un  que hai fronte  a Ons.

Védelo???
Nesta vai un barquiño preto! Xa o vedes???

En realidade hai dous!
Se conseguides velos dicídeo!!!! vale?? ata aquí a historia de hoxe. se coñecedes algún outro conto que queirades compartir, non teñades medo eh! 
Moitas grazas por visitarnos! apertas mariñeiras!!!!!


Naufraxio na Illa de Sálvora


Imos a contarvos como aconteceu o naufraxio na Illa de Sálvora e como catro mulleres se converteron en heroínas….

O primeiro día do ano 1921 partira da Coruña o vapor Santa Isabel, un dos barcos máis modernos da “Compañía Transatlántica Española” ao mando do capitán Esteban García, con 266 persoas a bordo.


madrugada do 2 de xaneiro navegaba á altura de Fisterra no medio dunha mesta borraxeira e mar picada. Una vez pasada Sálvora, o barco vira a babor na procura do abrigo da nosa ría de Arousa e do rumbo ata o porto de Vilagarcía, pero o temporal dificulta a manobra de enfilación do carreiro e á 1:30 da madrugada o Santa Isabel encalla no baixo de Pegar, a uns 150 metros do vello faro de Sálvora.

A forte colisión deixou o barco sen electricidade e sen radio, e o radiotelegrafista só puido transmitir a seguinte mensaxe de socorro “Estamos encima de las rocas de Sal…”, polo que foi imposible descifrala e tomar as medidas de salvamento oportunas.
O barco, atravesado cara ó norte e co costado de babor fronte ás ondas, afundía de proa. O capitán ordenou a evacuación pero todos os botes salvavidas habían escachado.


            (Imaxe da zona exacta onde tivo lugar o naufraxio marcada cunha x)

Mentres , na Illa de Sálvora, un dos torreiros do faro escoitou berros e divisou un barco encallado case no pe do mesmo faro con moreas de persoas pedindo auxilio. O torreiro correu á aldea para avisar do acontecido polo que os habitantes da illa decidiron botar tres dornas polbeiras dende a praia da Area dos Bois,unha tripulada por dous homes maiores iría a Ribeira na procura de axuda, outra tamén tripulada por dous homes axudaría no rescate xunto coa terceira tripulada por tres mulleres.

Na noite pecha e loitando coa mar a dorna das mulleres fixera un total de catro viaxes de case dúas millas cada un salvando a máis 12 persoas, as cales foron atendidas por unha cuarta muller preparada cunha fogueira, roupas secas e licores para que entraran en calor.

Namentres o pesqueiro Rosiña, avisado pola primeira dorna, chegou á xunto o barco cando este xa afundira e só puido traer de volta a 3 náufragos.

O saldo da traxedia foi de 53 persoas rescatadas e 213 falecidas, as cales foron sepultadas no cemiterio de Ribeira xa daquela clausurado.

O 5 de decembro de 1921 inaugurábase o novo faro da illa de Sálvora, onde preto del unha placa deixaba lembraza daquel terrible suceso.



Ahora xa sabedes como aconteceu este naufraxio e como Josefa Parada, Cipriana Oujo, María Fernández e Cipriana Crujeiras se convertiron en heroínas.