martes, 13 de marzo de 2012

UN PARAÍSO NATURAL

Boas tardes compañeiros/as.
Como galegos que somos gústanos disfrutar de boas paisaxes, e se pode ser acompañadas dunha boa comida, verdade que si¿?
Pois desde arRíando querémosvos descubrir un paraiso natural que ao mellor non coñecedes, O LAGO DE CASTIÑEIRAS






(Dúas de nós temos este fermoso lugar moi pretiño da casa e o mais seguro é que nuns días poñamos fotos nosas pasando unha boa tarde alí....para completar máis esta entrada)




   



Para os que estedes interesados/as en ir, dado que tamén é un sitio estupendo para relaxarse, deixámosvos aqui algo de información que vos pode interesar:

O lago de castiñeiras está situado a escasos kilómetros de Marín e moi preto de Vilaboa.

Nel pódese disfrutar de todo un día no campo, e ademáis dispoñen de infinidade de mesas de pedra e churrasqueiras, polo que no fai falta que levedes nada máis que a comida da casa.

 Ademais se vos apetece tomar algo, o lago tamén dispón de tres cafeterías ó largo do camiño, nas que descansar dos nosos paseos.



Este paraíso natural ten unha zona de gran interese para os máis pequenos, cun cercado no que poden ver cervos, gamos, corzos e patos.





                          








*Unha curiosidade é que de vez en cando é moi común atoparse con cabalos salvaxes pastando polos seus verdes campos.






¡¡A verdade é que alí hai natureza para dar e tomar!!








Se levades nenos/as con vós, tamén tendes un amplo parque infantil con columpios, cordas para escalar, tobogáns, etc… no que podedes xogar e disfrutar dunha boa merenda.






                 


                   





Se ascendedes un pouco a montaña poderedes chegar ao mirador de Cotorredondo, que ao mesmo tempo é o posto de vixilancia das patrullas contra-incendios.



Desde o alto pódese ver practicamente toda a ría de Vigo, de principio a fin. Cara o outro lado a vista tamén é moi impresionante, xa que podemos ver as nosas fermosas rías de Pontevedra e Arousa, as illas de Ons e Sálvora e cidades como Marín, Combarro, Sanxenxo ou Portonovo.



Podémosvos asegurar que as vistas son moi boas


Nestes días debemos aproveitar os agradables raios de sol, visitar sitos fermosos da nosa Galicia, que valen moito a pena, e gozar dunha boa compañía e dunha boa comida....

¡ANIMÁDEVOS




2 comentarios:

  1. bolboretas!!!!
    ainda que so duas teñades esto preto, podemos ser mais as que vos acompañemos a estes Lagos ou que!!!!!!!! asi cada unha leva algo e xa a montamos! eu tortilla da casa! ou algo de postre! que dicides???
    sip! hai que gozar de lugares asi!!!!!!
    moi boa a entrada! non todo vai ser auga salgada aqui!!!!!!
    jijijiji

    ResponderEliminar
  2. Fabulosas vistas dende Cotorredondo!!, xa quedaremos para ir contemplalas. Moi bonita a entrada!!

    ResponderEliminar