ESTREITOS, CAMOUCOS E OUTROS NAUFRAXIOS
Sabedes que os nosos amores son as rías de Arousa e Pontevedra! Velaquí unha imaxe que se pode considerar a “boca” da ría de Arousa, coa referencia da xoia, Ons.
E nesta outra a entrada do mar na ría de Pontevedra, de novo coas illas ao fondo.
Moitas son as historias que agocha o mar.
Algunhas fermosas e outras máis tristes. Esta entrada evócanos un pouco a falar desta parte temida que leva tantas vidas e penas.
Coa compaña da música.....
Temos aínda na cabeza o despropósito do “Costa Concordia”
Pero as que queremos contarvos son as de preto de nós, de aquí, das Rías.
Non podemos esquecer o desastre provocado aquel 13 de novembro de 2002, polo buque tanque “Prestige”
Moitos foron os casos de naufraxios de diversas embarcacións na costa galega, nesta parte noroeste.
Queremos contarvos algún:
“AVE DE MAR”
Data: 10 de novembro de 1956
Lugar: Illas Cíes
Este pesqueiro español cunha tripulación de 26 persoas fundiuse cando volvían a porto despois das faenas, ó achegarse ás Illas Cíes co forte mar, dou cos arrecifes da Illa de San Martiño e un golpe de mar desfixo o barco. A tripulación non tivo tivo tempo a pedir socorro. Case a totalidade das vítimas eran naturais de Moaña, algúns pai e fillo.
“MARÍA DEL PILAR”
Data: 6 de abril de 1971
Lugar: Punta Udra
Deste pesqueiro so se salvou unha persoa: Manuel Alvariñas, de Cee.
A causa foi unha abordaxe, o causante foi o pesqueiro de altura Mani-Lisa de Ribeira (A Coruña).
Este pesqueiro tiña a base no porto de Combarro, ían nel o seu patrón e o mariñeiro, e tamén de casualidade nese momento, o fillo do patrón, Manuel.
Daquela era un neno que por sorte sobreviviu, e quixo estudar Náutica na Coruña, aínda que hoxe rexenta unha librería coa Ría de Corcubión á vista.
Toda a información esta escollida do libro: “NAUFRAXIOS. COSTA NW (1900/2002)”, de Lino J.Pazos.
Lino Pazos é un pontevedrés moi involucrado na conservación do noso patrimonio, e amante deste tema. Ten unha ampla colección publicada coa temática.
Dende Arríando recomendamos estas obras pois resultan moi entretidas e curiosas. Un agasallo ideal para aquelas persoas amantes da terra e do noso mar!
E para rematar, facer unha referencia á palabra que está no título: CAMOUCOS. Despois dunha procura demos co que cremos que é a solución!
Os Camoucos son como rochas que están no medio do mar e teñen unha altura considerable, pero non son visibles, polo que representan un perigo para os barcos, pois poden dar contra el, e xa provocaron algún “accidente”.
Para evitar isto adoitase poñer unha sinal de aviso, en algúns casos, pequenos faros.
Pois como non, aquí temos de todo! e podédelo comprobar nestas imaxes tomadas dende Sanxenxo que amosan un que hai fronte a Ons.
Védelo???
Nesta vai un barquiño preto! Xa o vedes???
En realidade hai dous!
Se conseguides velos dicídeo!!!! vale?? ata aquí a historia de hoxe. se coñecedes algún outro conto que queirades compartir, non teñades medo eh!
Moitas grazas por visitarnos! apertas mariñeiras!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario