lunes, 5 de marzo de 2012

Naufraxio na Illa de Sálvora


Imos a contarvos como aconteceu o naufraxio na Illa de Sálvora e como catro mulleres se converteron en heroínas….

O primeiro día do ano 1921 partira da Coruña o vapor Santa Isabel, un dos barcos máis modernos da “Compañía Transatlántica Española” ao mando do capitán Esteban García, con 266 persoas a bordo.


madrugada do 2 de xaneiro navegaba á altura de Fisterra no medio dunha mesta borraxeira e mar picada. Una vez pasada Sálvora, o barco vira a babor na procura do abrigo da nosa ría de Arousa e do rumbo ata o porto de Vilagarcía, pero o temporal dificulta a manobra de enfilación do carreiro e á 1:30 da madrugada o Santa Isabel encalla no baixo de Pegar, a uns 150 metros do vello faro de Sálvora.

A forte colisión deixou o barco sen electricidade e sen radio, e o radiotelegrafista só puido transmitir a seguinte mensaxe de socorro “Estamos encima de las rocas de Sal…”, polo que foi imposible descifrala e tomar as medidas de salvamento oportunas.
O barco, atravesado cara ó norte e co costado de babor fronte ás ondas, afundía de proa. O capitán ordenou a evacuación pero todos os botes salvavidas habían escachado.


            (Imaxe da zona exacta onde tivo lugar o naufraxio marcada cunha x)

Mentres , na Illa de Sálvora, un dos torreiros do faro escoitou berros e divisou un barco encallado case no pe do mesmo faro con moreas de persoas pedindo auxilio. O torreiro correu á aldea para avisar do acontecido polo que os habitantes da illa decidiron botar tres dornas polbeiras dende a praia da Area dos Bois,unha tripulada por dous homes maiores iría a Ribeira na procura de axuda, outra tamén tripulada por dous homes axudaría no rescate xunto coa terceira tripulada por tres mulleres.

Na noite pecha e loitando coa mar a dorna das mulleres fixera un total de catro viaxes de case dúas millas cada un salvando a máis 12 persoas, as cales foron atendidas por unha cuarta muller preparada cunha fogueira, roupas secas e licores para que entraran en calor.

Namentres o pesqueiro Rosiña, avisado pola primeira dorna, chegou á xunto o barco cando este xa afundira e só puido traer de volta a 3 náufragos.

O saldo da traxedia foi de 53 persoas rescatadas e 213 falecidas, as cales foron sepultadas no cemiterio de Ribeira xa daquela clausurado.

O 5 de decembro de 1921 inaugurábase o novo faro da illa de Sálvora, onde preto del unha placa deixaba lembraza daquel terrible suceso.



Ahora xa sabedes como aconteceu este naufraxio e como Josefa Parada, Cipriana Oujo, María Fernández e Cipriana Crujeiras se convertiron en heroínas.

1 comentario:

  1. como dirían na miña terra: "ARREA! QUE MULLERES!"
    un relato fascinante!
    destacar a valentía das mulleres, que se recoñeza o mérito.
    pensar que na historia tantas mulleres foron as que loitaron, procuraron e defenderon en moitas ocasións e se leven o protagonismo os homes na maioría dos casos....!
    apertas mariñeiras E boa viaxe!

    ResponderEliminar